NO ESTUDIO DE GRAVACIÓN


Animádevos?

Ola, rapaces e rapazas de 6º curso de Primaria! Como andades? Espero que todos ben de saúde e con ganas e ilusión por levar adiante este último trimestre do curso.

Antes de vos propor nada, gustaríame que escoitásedes este arquivo de audio:


Que tal? Soa ben, non? Pois si. Sodes vós mesmos tocando O son do ar! Un proxecto que nos tiña moi ilusionados. Pero que non sei se poderemos levar a cabo fisicamente. Aínda que... quen sabe! Ó mellor podemos facelo de xeito virtual. 

Fixádevos neste vídeo



Tal vez recoñecistes a alguén. Non importa. Trátase do Coro de Cámara Rías Baixas, de Vigo. Esta peza tería que ter sido estreada en Madrid o pasado xoves 16 de abril. Pero non puido ser. Por iso, cadaquén gravou a súa parte na casa, e logo montouse todo nun ordenador. 

Que tal se intentamos algo similar?

Seguide atentamente estes pasos: 

1. Descargade estes dous audios: 

O son do ar - Tema A

O son do ar - Tema B


2. Veredes que eses enlaces veñen cun metrónomo ou claqueta que vai marcando a pulsación. Antes de comezar temos 4 pulsos de espera

3. Practica a canción, tocándoa ata que che salga ben sobre o audio. Non podes correr nin quedar atrás. 

Se todavía non es quen de tocar a esta velocidade, repasa primeiro con estes vídeos.




4. Xa es quen de tocar á velocidade dos audios? Pois agora é hora de gravar. Pero Antes tocan os preparativos.
Atención!!

Na gravación non se pode escoitar o audio, aínda que ti si que o tes que facer. Por iso tes que pór cascos. Non teñen que ser de boa calidade. Con que poñas dos que entregan nos trens é suficiente. 

5. Mentres tocas escoitando o audio a través dos cascos, o teu pai ou a túa nai téñenche que gravar nun vídeo. (Ó rematar deberás ter dous arquivos). 

6.  Cando finalices volve a este post. Terás que entregar os teus audios neste muro de Padlet. Fíxate ben na columna do teu curso, e no tema que vas entregar (A ou B). Pulsa no + e fai a túa entrega. Penso que xa sabedes como funciona Padlet. Pero, si non, podedes lembralo neste enlace.

En caso de que o teu arquivo pese moito e non sexa posible subilo a Padlet, podes envialo por correo electrónico á seguinte dirección:

biblionavia@gmail.com

Hecho con Padlet

5. E agora toca montar. Iso correspóndeme a min! Dende logo, non vai saír nada tan profesional como o vídeo que vistes máis arriba... Pero será divertido vernos e facer algo xuntos. Non credes?

Espero os vosos audios! Ánimo, chicos! Xa sabedes que, cando vos poñedes, saen cousas fermosas das que podemos sentirnos realmente orgullosos. 

Comentarios