AVANZAMOS NA NOSA INVESTIGACIÓN


En 6º curso de Primaria.

En relación co noso PDI deste curso, na clase de TIC estamos a investigar sobre contidos da clase de Música. Estamos aprendendo moito sobre a música da Idade Media.

Esta tarefa desenvólvese en varias fases:
  1. Selección de materiais de consulta en rede por parte da mestra. (Consultar aquí o enlace). 
  2. Dividímonos en grupos e identificamos posibles subtemas entre a información suministrada. 
  3. Organizamos un guión. 
  4. Cada grupo investiga sobre un punto do devandito guión. 
  5. Recollida a información (non necesariamente revisada e maquetada) subímola a un muro de Padlet para compartila. 
  6. En gran grupo revisamos punto por punto a información: verificamos a comprensión e a ortografía, unificamos a tipografía e a organización do texto...
Esta tarefa continuará coa inclusión de imaxes, índice, bibliografía... Pero iso xa volo contaremos cando cheguemos alá. 

Agora, mostrámovos imaxes do noso tempo de investigación.





E aquí, o Padlet coas nosas tarefas (sen revisar nin dar forma).

Hecho con Padlet



Comentarios