ADIVIÑA, ADIVIÑA...
Que melodía estás a escoitar?
Ola, cativiños e cativiñas de 3 anos! Como estades? Espero que moi ben. Eu estouvos a botar moito de menos.
Por iso preparei para vós este xogo que facemos moitas veces na clase. A ver que tal vos sae iso de adiviñar a melodía que soa.
Teredes que escoitar atentamente, adiviñar de que canción se trata e premer na imaxe correspondente. Ó mellor precisades, ó principio, a axuda de papá ou mamá.
Se o facedes moi ben teredes un montón de sorpresas para cantar.
Podedes contarme cun comentario se vos gustou a actividade. Pero non vos preocupedes se, polo intre, non o ves. Para facelo, eu teño que autorizar que se publique.
Moitos biquiños!
Comentarios
Publicar un comentario