AGUDOS E GRAVES


Investigamos o son na propia casa. 

Ola, rapaces e rapazas! Como estades?

Espero que moi ben, e con moitas ganas de investigar o son.

Se lembrades, a principio de curso contamos o conto da Balea e o Caranguexiño. Aprendemos que a Balea tiña unha voz grave e o Caranguexiño unha voz aguda. Queredes que o lembremos? Aproveita para cantar comigo a canción do Caranguexiño!




Pois ben, navegando na Internet, atopei a estes dous amigos: Fígaro e Rosina, cantando unha canción ben bonita. Quen deles canta grave? Quen canta agudo? Es quen de aprender a súa canción e cantala?




E por último... toca investigar. Polly, a nena protagonista desta historia, descubriu que na súa casa existen sons agudos e graves. Queres acompañala nos seus descubrimentos?




Que che parece se fas como Polly? Investiga na túa casa. Fai un listado de sons que soan coma a Balea (grave) e outro de sons que soan agudo (coma o Caranguexiño).


Seguro que descubrides un montón de sorpresas!


Comentarios