A CLAVE DE SOL
Repasa como se escribe con esta divertida ferramenta.
Hai unhas semanas aprendemos varias cousas sobre a clave de sol:
- Que empeza na segunda liña
- Que se coloca ó principio de cada pentagrama
Tamén aprendemos unha canción, para debuxala de xeito moi doado no encerado. E incluso, se non lembro mal, debuxamos varias claves nun folio.
Hoxe imos repasar a súa escritura con esta aplicación que vos enlazo na seguinte imaxe.
Xa sabes debuxala? Perfecto. Pois chegou a hora de ser creativos.
Debuxa unha clave de sol nun folio. Faino con algo groso, para que se vexa. Agora, ilustra a clave como xa comentamos na clase en algunha ocasión: podes convertila nunha árbore, nunha persoa... o que ti queiras! Tes todo o tempo do mundo.
Cando remates a túa marabillosa creación, saca unha foto e envíaa a:
biblionavia@gmail.com
Non esquezas poñer como asunto: Clave de sol, e incluir o teu nome.
Estou desexando ver as vosas obras de arte!
Comentarios
Publicar un comentario