ELEFANTEANDO......
...cunha manda moi divertida.
Ola, rapazada de 1º de Primaria! Como estades? Dispostos a seguir explorando África?
a) Escoitamos a audición
Mirade que video máis chulísimo veño de atopar. A que é precioso? Escoitades algo coñecido?
b) Cantamos
Efectivamente: o que soa é a canción do elefante que temos aprendido. Repasámola?
Esta música é tamén do noso amigo Camille Saint - Saëns (o mesmo que escribiu a música do burro e dos canguros). Titúlase O elefante. E, coma as outras pezas que temos traballado, atoparalos nun disco que se titula O Carnaval dos animais.
Pero... décheste conta...? Ás veces, a música fai trampas e non canta a nosa canción.
c) Facemos movemento coa música
Propóñoche este xogo:
- cando escoites a nosa canción, fai os xestos que temos aprendido;
- cando a música toque outra cousa, bailas lentamente, coma un elefante.
Que non sabes como baila un elefante? Pois... con movementos gráciles coma os que verás neste vídeo.
Que tal o xogo?
Vouche dar unha pista: deberás bailar cada vez que, no vídeo, aparecen as crías de elefante.
Podes repitilo varias veces.
d) Que instrumentos tocan esta peza?
- Cantos instrumentos distintos tocan nesta peza?
- Cal deles toca a melodía da canción?
- Cal deles acompaña?
e) Cóntame o que descubriches
A vindeira semana dareiche a resposta. Pero, mentres tanto, podes contarme o que tes descuberto.
Contesta ás anteriores preguntas neste enlace.
Contesta ás anteriores preguntas neste enlace.
Seguro que xa descubriches as respostas correctas!
Hola, soy Diego. Creo que los instrumentos son violín y flauta.Me gusta mucho la canción.
ResponderEliminarChao.
Diego