ADAPTING BEETHOVEN
Versionando a Quinta Sinfonía.
Os grandes músicos, e as grandes pezas musicais, son os que perduran ó longo dos séculos. Por iso adoitan ser adaptados ós estilos do momento.
Que tal se facemos un curioso repaso sobre distintas versións da Quinta Sinfonía?
No seguinte vídeo, a orquestra de Akira Miyagawa mestura a Quinta de Beethoven co Mambo número 5 de Pérez Prado.
Sverre Indris Joner, un músico noruegués, fixo os arranxos da Quinta en versión salsa:
Yngie Johann Malmsteen fixo a súa adaptación ó Heavy Metal:
Tamén existen versións disco, coma esta de Walter Anthony Murphy, Jr.
E que tal esta versión rapeira de Kanye West?
Por último, ofrézovos este remix.
Visto todo isto, o orixinal é marabilloso. Pero algunhas das versións son realmente interesantes. Cal é a túa favorita? Saberías escoller?
A min resúltame difícil. Aínda que teño moi claro cal non aturo.
Queres compartir con todos as túas impresións? Fai un comentario ó final deste post.
Hola profe soy Diego B.
ResponderEliminarLa versión que más me gustó fué la del rap aunque las otras también estaban muy chulas.
Un saludo
Grazas, Diego! Fixeches unha boa elección. A min tamén me gustou moitísimo esta versión. Pareceume realmente sorprendente e inspirada.
ResponderEliminarHola son Mario .
ResponderEliminarA versión que mais gustoume foi o Beethoven's 5th Symphony Remix.
E o último vidio e gustoume moito.
Un saudo
Grazas, Mario. Un saúdo!
EliminarBos días.
ResponderEliminarA pesar de que era unha difícil decisión, elixin a versión remix.
Moitas grazas por ler o meu comentario
LEO ABRIL
Pois si, Leo. A decisión non era doada. Biquiños.
EliminarHola profe soy brais a versión que mais me gustou foi a de rap saudos
ResponderEliminarBoa resposta, Brais! A min tamén me sorprendeu moito esta versión.
EliminarBiquiños
Ola profe!
ResponderEliminarA min as versións que máis me gustaron foron a segunda, de salsa, e a penúltima, de rap.
Bicos e abrazos
María 6º