O BLUES DO LAVADO DE MANS
Canta... e aprende a lavar as mans!
Cando chego á escola,
e antes de merendar.
Despois de ir ó aseo,
tamén despois de xogar.
Antes de contar un conto
e despois de debuxar...
Apúntao ben!
Terémonos que lavar!
Ei, ti!
Aprende a lavar as mans!
Segue sempre estas normas
e limpa as mans, rapaz!
Boto o xel nunha man
e poño a outra enriba.
Fago círculos despacio
mentres conto ata catro.
E agora freto o dorso.
Conto rápido ata oito.
E cambio de man.
Esto listo pra fretar.
Ei, ti!
Aprende a lavar as mans!
Segue sempre estas normas
e limpa as mans, rapaz!
Quenda dos dediños,
e agarro o polegar.
Xiro a un lado
e ó outro, cada dedo sen parar.
Cambio a man.
Polegar!
E volvemos a xirar.
Vai todo ben
e seguimos a cantar.
Ei, ti!
Aprende a lavar as mans!
Segue sempre estas normas
e limpa as mans, rapaz!
E agora cruzo os dedos
coma se fose rogar.
Freto arriba, freto abaixo,
e o fago sen parar.
Vou a un lado,
vou ó outro,
cinco, seis, sete e oito.
Remata a función.
O lavado rematou!
Ei, ti!
Aprende a lavar as mans!
Segue sempre estas normas
e limpa as mans, rapaz!
Mónica Muñoz
Comentarios
Publicar un comentario