CREAMOS AS NOSAS COPLAS DO ENTROIDO

 


En relación cos nosos temas de investigación deste curso. 

Durante estes últimos días, o alumnado de Primaria, coa axuda do profesorado de Música, ven de crear as súas coplas para celebrar o Entroido. Como non podía ser doutro xeito este curso, sobre a música de Pousa os cativos foron creando os textos. Mañá cantarémolos mentres celebramos o noso Entroido virtual. 

    As cousas que non vemos
non significa que non as temos. 
Será cousa de trasnos
que moi claras as vexamos. 

Os cadros de todo o mundo
os pinttou Don Facundo. 
Son bonitos, son guais,
pero todos son iguais.

A arte é bonita,
fabulosa e preciosa.
Cando eu pinto un lenzo
o fago co corazón. 

A min gústame arte: 
pinto cadros importantes. 
En abstracto ou retrato
uso cores todo o rato. 

Hai valores para cantar, 
para rir e para xogar. 
Coa amizade fago amigos
e co respecto os manteño. 

Os valores son importantes. 
non queremos que os escarchen. 
Fun por valores, vin aprendendo,
e agora xa o entendo. 

Eu teño wifi na casa
e a sinal é escasa.
Pero chega ó salón, 
á cociña e ó balcón.

Internet mola tanto
que non podo parar de usalo. 
Busco cancións en Spotify
e en Google cousas guais. 
Gravo bailes para Tiktok
e por Whatsapp falo un montón. 

O aire é imaxinario: 
non o ves pero podes tocalo. 
O osíxeno che da vida
e o respiras todos os días. 


Moitas grazas a todos os grandes creativos pola vosa laboura!

Comentarios