O ALUMNADO DE PRIMEIRO CICLO FELICÍTAVOS O NADAL
Feliz e melodioso Nadal!
A rapazada de 1º e 2º de Primaria leva varias semanas preparando a súa panxoliña para compartila cos amigos e amigas de Alento, e, de paso, con todos e todas vós.
En 1º aprendemos unha panxoliña tradicional galega. Sh...! Non berredes, que podedes espertar ó meniño!
Os de 2º compadecéronse do pobre Rodolfo, e cantaron a súa canción.
Que profe de Música non se pode sentir fachendosa con estes dous coros de voces anxelicais?
BO NADAL!
Comentarios
Publicar un comentario