PRIMEIRA LECCIÓN DE MECANOGRAFÍA


Son quen de mecanografar!

Seguro que tes feito as túas incursións co ordenador. Pero, posiblemente, botas moito tempo mirando o teclado e buscando as distintas letras. 

Un experto coma ti nas novas tecnoloxías precisa coñecer o teclado e mecanografar empregando os dez dedos. Así que... pon todo o teu empeño e mans á obra!

Preme na seguinte imaxe e accederás ó Curso de mecanografía de Vedoque. Nesta primeira sesión traballaremos sobre as leccións 1 a 12. (Preme na icona Lecciones).

Cando teñas entrado, coloca o dedo índice da man dereita sobre a tecla J, e o esquerdo sobre a F. De xeito natural, o resto dos dedos se colocarán sobre as seguintes teclas, agás os polegares, que empregaremos para pulsar a barra espaciadora. 


Imaxe: ADIKOS. I am typing. En Flickr. CC BY

Comentarios