CREAR UN DOCUMENTO CON IMAXES E ENLACES
Os incendios da pasada fin de semana están a se converter na nova da semana. Aproveitaremos este tema para aprender algo máis sobre a creación de documentos.
- Crea un documento de texto con Libre Office.
- Antes de facer nada, non esquezas gardalo na túa carpeta, como xa tes aprendido.
- Neste enlace elixe unha imaxe sobre o lume que ilustre o teu traballo. Descárgaa e insértaa no teu traballo.
- Nestoutro enlace elixe unha nova que te teña impresionado. Copia a URL e pégaa no teu documento.
- Inventa un titular para o teu traballo. Escríbeo.
- Cambia o tamaño e o tipo de letra, de xeito que se axuste ó carácter da nova que tes elixido.
- Cando teñas rematado, non esquezas gardar todos os teus cambios.
Comentarios
Publicar un comentario