AS DANZAS DA MORTE MEDIEVAIS...
... reflectivas na Danza Macabra de Camille Saint - Saëns.
Achegándonos ó Samaín, en 5º e 6º cursos de Primaria traballamos esta obra que se inspira nas danzas da morte da Idade Media.
As Danzas da morte (ou Danzas Macabras) eran un xénero artístico da Alta Idade Media que reflectían a universalidade da morte. Eran diálogos en verso representables nas que o personaxe da Morte (representado coma un esqueleto) convida a persoas de distinta idade e condición social a bailar arredor dunha tumba. Con isto queríase expresar que todas as persoas (ricos ou pobres, adultos ou novos) temos que morrer.
O tema da morte quedou amplamente representado na arte da Idade Media. Unha famosa representación é a que ten lugar todos os anos en Verges (Gerona).
No século XIX, o compositor francés Camille Saint - Saëns recuperou esta tradición medieval e a reflectíu nunha obra sinfónica titulada Danza Macabra.
Comentarios
Publicar un comentario