COLLAGES FOTOGRÁFICOS


... co gallo da Festa do Magosto. 

Aproveitando a celebración do Magosto, o alumnado de 6º curso de Primaria marchou polo colexio adiante para realizar unha reportaxe fotográfica sobre os preparativos, e, de paso, aprender a usar a cámara fotográfica das tabletas.

Xa en clase, empregando a app Collage Fotográfico, fixeron as súas montaxes empregando as imaxes tomadas.

Por último, aprenderon a enviar un correo electrónico cos produtos obtidos.

Uns artistas, non credes?








Comentarios