CONSTRUÍNDO O MURAL DO 25-N
A semana pasada, en 4º curso de Primaria, tivemos moi presente a celebración do Día Internacional contra o Maltrato. Por iso, entre todos, contribuímos a construír un mural co que decorar o corridor do colexio.
O mural quedou moi bonito. Pero o mellor foi comprobar que, se todos aportamos o noso pequeno gran de area, os resultados son mellores.
Nestas imaxes podedes ver a progresión do noso traballo.
Comentarios
Publicar un comentario