CREANDO PÓSTERS DIXITAIS
En 6º de Primaria aproveitamos a celebración do Magosto para crear pósters dixitais. Deste xeito coñecimos algunhas ferramentas útiles para a Alfabetización Informacional.
O primeiro que fixemos foi constatar que non todas as imaxes que aparecen na Internet poden ser usadas. Por iso, decidimos seleccionar as que nos interesaban na aplicación gratuita de Pixabay, que temos descargada nas tabletas.
A continuación entramos en Thinglink (tamén descargada nas nosas tabletas), onde traballamos coa nosa imaxe.
Antes de comezar a investigar no navegador fixemos unha chuvia de ideas sobre aspectos que nos podía interesar reflectir: a orixe do Magosto, as datas de celebración, a castaña, o castiñeiro, receitas con castañas, refráns, o xeito de dicir a palabra "castaña" en diferentes idiomas...
Con estas ideas previas, todos os grupos investigaron na Internet e crearon estes carteis que publicamos a continuación.
Comentarios
Publicar un comentario