CONSTRUÍNDO UN CÍRCULO CROMÁTICO


Un pouco de teoría sobre a cor.

Para traballar coa cor, lograr boas mezclas e facer combinacións axeitadas cómpre coñecer algo sobre a teoría da cor.

O círculo cromático poderiamos consideralo coma o mapa da cor. Ten cambiado sensiblemente dende que eu escoitara falar del por primeira vez. Sen embargo, neste vídeo explícasenos con claridade. Así, podemos distinguir entre:
    • cores primarias: aquelas que non se poden facer, e que se precisan para crear as cores secundarias (amarelo, magenta e cian)
    • cores secundarias: aquelas que xurden da combinación de dúas cores primarias: 
      • laranxa (magenta + amarelo)
      • verde (amarelo + cian)
      • violeta (cian + magenta)


Comentarios