CUN OLLO NO PRESENTE E OUTRO NO PASADO
Preparando o Día da Paz.
Hai unhas semanas, o mundo sorprendeuse pola decisión do presidente norteamericano Donald Trump de trasladar a embaixada de Estados Unidos en Israel á cidade de Xerusalén. Todos os analistas parecen coincidir en que esta situación agravará a difícil situación que se vive nesta cidade, considerada santa para as tres grandes relixións: musulmáns, xudeos e cristiáns.
Sen embargo, na Idade Media existíu unha cidade na Península Ibérica que foi un auténtico exemplo de convivencia entre estas tres relixións: Toledo.
A comezos do século XI Toledo era a capital dun dos reinos de taifas que os musulmáns posuían na Península Ibérica. Mais no ano 1065, o rei castelán Afonso VI conquista Toledo, iniciándose nesta cidade unha fase de esplendor cultural que se manifiesta na chamada Escola de Tradutores de Toledo.
A Escola de Tradutores, a pesar do seu nome, non era un centro educativo con profesores e alumnos. Tratábase dun grupo de persoas que traballaban xuntas e seguían uns métodos comúns para trasladar a Europa a sabiduría oriental, e especialmente, a dos antigos gregos e a dos árabes.
Grazas a este intercambio cultural no que participaron a partes iguais xudeos, musulmáns e cristiáns, Toledo converteuse, durante o reinado de Afonso X o Sabio, na capital cultural de Europa. E grazas a esta comunicación entre culturas coñecéronse en Occidente as obras de importantes filósofos, matemáticos, astrónomos e literatos.
Imaxe: Miniatura das Sete Partidas. En Wikimedia Commons. Dominio Público
Comentarios
Publicar un comentario