INSTRUMENTOS AFRICANOS
Un mundo por descubrir.
A riqueza musical e lingüística de África é inmensa. A música actual débelle moitísimo á tradición africana. Por iso, neste post imos coñecer máis de cerca catro instrumentos: a sanza, o djembé, o balafón e a kora.
A sanza, dependendo do idioma, recibe un sinfín de nomes: sanza, kalimba, mbira, etc. Consiste nunha caixa de resoancia sobre a que se colocan unhas láminas flexibles de madeira ou metal, sostidas sobre unha ponte.
O djembé procede da zona oriental de África (Mali, Guinea, Senegal, Costa de Marfil e Burkina Faso), onde se ubicaba o imperio Mandinga (un grupo étnico moi potente). Coma no caso da sanza, dependendo do país e do grupo humano, recibe diversos nomes, aínda que o máis extendido é o francés djembé, por ser Francia a principal potencia colonial nesta zona de África.
Neste vídeo podes escoitar unha magnífica interpretación nun djembé moderno.
O balafón tamén procede da zona occidental de África. Consiste nunhas placas afinadas de madeira colocadas sobre unha caixa de resoancia formada por cabazas, percutidas por mazos acolchados. Os grupos humanos de Mali, Burkina Faso e Costa de Marfil vencelladas co balafón foron declaradas Patrimonio Inmaterial da Humanidade pola UNESCO.
O balafón é o instrumento a partir do cal evolucionou a marimba americana.
Coma os anteriores instrumentos presentados, a kora procede da zona occidental de África. En concreto, trátase dun instrumento moi vencellado á tradición oral, xa que os griots (os narradores) eran os encargados de transmitir o xeito de tocalo na tribo mandinga.
Trátase dun instrumento de corda que emprega como caixa de resoancia media cabaza cuberta con coiro. As cordas tócanse unicamente cos dedos polegar e índice.
Esperemos que estes pequenos apuntes sirvan tan só para engancharnos co fascinante mundo da música africana.
Comentarios
Publicar un comentario