OS INSTRUMENTOS DA IDADE MEDIA


Que instrumentos acompañarían ás Cantigas de Martín Códax?

Como sabedes, o PDI deste curso (Palabras que trae o mar) inspírase no Pergamiño Vindel, que ata o mes de marzo visita a nosa cidade.

O Pergamiño Vindel é un tesouro por varios motivos:
  • é un documento de moitísima antigüidade que chegou ata nós por casualidade, de xeito completamente accidental;
  • recolle as sete Cantigas de Martín Códax, xoias literarias da lírica medieval galego - portuguesa; 
  • pero, sobre todo, é importante porque é o único documento da música medieval profana que conserva en boas condicións a escritura musical. 
Contemplando o Pergamiño Vindel, resulta inevitable preguntarnos: como soarían as Cantigas alá polo século XII? 

Dado o tempo transcorrido é imposible que ningún instrumento orixinal da época chegara ata nós. Sen embargo, na actualidade temos algunhas boas pistas que poden axudarnos a coñecer a música medieval profana: 
  • O Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago. No arco central do Pórtico existe unha representación dos vintecatro anciáns do Apocalipse portando cadanseu instrumento. Estes instrumentos están tallados na pedra con tanta precisión e realismo que foi posible elaborar réplicas a partir das súas medidas. 
  • As Cantigas de Santa María do Rei Afonso X o Sabio. Nesta colección de cantigas feitas en loor da Virxe, cada peza aparece acompañada dunha miniatura na que se representan un ou varios músicos tocando instrumentos da época. 
  • O Códice Calixtino, a primeira "guía do Camiño de Santiago" que se coñece. 

En 6º curso de Primaria completaremos as tarefas do noso PDI relacionadas coa alfabetización informacional investigando sobre os instrumentos musicais da Idade Media. Para iso, empregaremos os recursos incluídos no seguinte enlace:



Boa e frutífera investigación!

Comentarios