PAXARIÑAS DE PAPEL...
Este curso, a Asociación Bicos de Papel foi a protagonista do noso Día da Paz.
Xa que no cole estaba programado celebralo dun xeito tan especial, en 4º de Primaria, nas últimas clases de Plástica, decidimos traballar o plegado de papel.
O máis semellante á pomba da paz eran as paxariñas de papel. E aínda que a actividade poidera parecer excesivamente simple, con ela fixemos algo máis que dobleces:
- en primeiro lugar, fixemos unha actividade de comprensión lectora dun texto prescriptivo (instrucións sobre como facer unha paxariña de papel);
- logo demostramos a nosa habilidade manual dobrando con mans expertas o papel;
- realizada esta tarefa pensamos en palabras tan doces coma os bicos e que contribúan a sementar un bo clima;
- por último, e despois de practicar sobre papel en sucio, decoramos as nosas paxariñas con preciosas letras escritas con rotuladores de lettering. Isto implicaba, ademais de gusto, unha boa distribución espacial.
Estes son os resultados desta tarefa.
Comentarios
Publicar un comentario