POMBIÑAS DE PAPEL



Facendo papiroflexia.

Comezamos o 2018 con novos desexos que culminarán a final de mes, co Día Escolar pola Paz.
Para festexalo imos aprender a facer pombiñas de papel.

Esta antiquísima técnica xaponesa do pregado de papel denomínase Origami, tamén coñecida en Occidente como Papiroflexia.

Pregando papel pódense crear infinidade de figuras. Desta vez imos facer unha pombiña. Na aula, aproveitaremos para traballar a lectura de textos discontínuos, entregando a cada alumno unha ficha coa que facer o seu produto.

Pero se vós tamén queredes practicar, deixámosvos aquí un enlace do que temos obtido información clara e detallada:



Tamén podedes botar unha ollada a este vídeo. 


Comentarios