TECLEANDO UN TEXTO


Relacionado co noso PDI.

Unha vez coñecido o teclado, a túa tarefa será copiar un texto e editalo.

1. Crea un novo documento de texto. Gardao na túa carpeta.
  • Lembra que tes que utilizar a opción Gardar como. 
  • Titula o documento Pergamiño Vindel
2. Teclea o seguinte texto:

"Pergamiño Vindel. Un tesouro en sete cantigas" é o título da exposición na que o manuscrito que contén sete cantigas de amigo de Martín Códax, e a melodía de seis delas, exhíbese ó público en Vigo por primeira vez na historia. 

3. Pon en negrita todos os nomes propios que atopes.

4. Pon en cursiva as palabras que van entre comiñas.

5. Volta ó comezo e escribe como título as palabras que están entre comiñas, pero empregando as maiúsculas. 

6. Finalmente, selecciona todo o texto do título e cambia a fonte a Arial, 18 puntos e negrita. 

Comentarios