TOLERANCIA E PENSAMENTO CRÍTICO



Onde está o xusto medio?

Aristóteles, un famoso filósofo, adoitaba dicir que "a verdade está no xusto medio". É dicir: nin todo é branco, nin todo é negro. Entrambas as dúas cores existe unha ampla gama de grises.

No mundo no que vivimos deberasmos ter en conta moitos valores. Entre eles, a tolerancia e o pensamento crítico.

Que é a tolerancia? É o respecto hacia as ideas, as preferencias, as formas de pensamento crítico e o comportamento das demais persoas.

Que é o pensamento crítico? É un proceso que se propón analizar, entender e avaliar as opinións ou afirmacións que na vida cotiá adoitan aceptarse como verdadeiras.

Sen embargo, no mundo en que vivimos, ás veces non é doado conciliar a tolerancia co pensamento crítico: tan malo é ser excesivamente tolerante como ser intolerante; ser hipercrítico como ser acrítico.

Para traballar sobre este tema traemos hoxe este poema que, nos países hispanos, adoitaba atribuírse a Bertolt Bretch, pero que, en realidade, foi recitado por primeira vez polo pastor alemán Martin Niemöller.

Cuando los nazis vinieron a llevarse a los comunistas,
guardé silencio,
porque yo no era comunista,

Cuando encarcelaron a los socialdemócratas,
guardé silencio,
porque yo no era socialdemócrata,

Cuando vinieron a buscar a los sindicalistas,
no protesté,
porque yo no era sindicalista,

Cuando vinieron a llevarse a los judíos,
no protesté,
porque yo no era judío,

Cuando vinieron a buscarme,
no había nadie más que pudiera protestar.


Pois analicémolo entre todos. Seguro que extraeremos moitas ensinanzas!

Comentarios