CHEGOU O ENTROIDO!


E con el, os peliqueiros. 

Para decorar a nosa escola, a ANPA propúxonos unhas plantillas de paliqueiros coas que decorar as paredes do colexio.

En 4º de Primaria aproveitamos a ocasión para traballar a creatividade e o uso de diversos materiais durante a clase de Plástica. Así, empregamos plastilina e lápices de cores. Cando a nosa obra estivo completa, pasámoslle un pouco de alquil para endurecer.

Aquí tendes os resultados. As máscaras quedaron preciosas!








Comentarios