A ESCRITURA MUSICAL, UNHA INVENCIÓN MEDIEVAL
Os nenos e nenas de 3º curso de Primaria están a investigar sobre os inventos da Idade Media. Un deles é a notación musical tal e como hoxe a coñecemos.
Ata o século IX, a música litúrxica transmitíase por tradición oral. É neste século cando, por primeira vez, empezan a representarse de xeito escrito as melodías, a través de pequenas sinalizacións, sobre o texto, do movemento sonoro. A estes símbolos chamámolos neumas.
Este xeito de escritura resultaba moi pouco fiable, porque descoñeciamos o tono de partida.
Sen embargo, no século XI, Guido d'Arezzo fixo dúas contribucións importantísimas ó mundo da música:
- Inventou o tetragrama: catro liñas sobre as que se escribía a música relixiosa. Esta sería a orixe do actual pentagrama.
- Inventou o nome das notas. Para iso colleu a primeira sílaba de cada verso do Himno a San Xoan Bautista. Este himno caracterizábase porque cada verso comezaba polo son da escala inmediatamente superior. A este xeito de chamar ás notas chamoulle solmisación ou solfexo.
Imaxe 1: UNVEKANNTER SCHREIBER (Codex Sangallensis 359) [Public domain], via Wikimedia Commons
Imaxe 2: ROMAINBEHAR [Public domain], en Wikimedia Commons
Comentarios
Publicar un comentario