CREAMOS NUBES DE PALABRAS


A partir das Cantigas de amigo, de Martín Códax. 

O alumnado de 4º de Primaria, na clase de TIC, estivo a crear nubes de palabras empregando a aplicación Wordart.

Adxudicamos a cada grupo unha das cantigas de Martín Códax. Tras elixir as palabras clave, combiñámolas para crear as nosas nubes.



Estes son os resultados, que serviron para ilustrar as páxinas da Biblioteca incluídas na revista que o colexio está a preparar para celebrar o Día das Letras Galegas.







Comentarios