IMITANDO A MONDRIAN
O pintor abstracto das cores primarias.
Despois de coñecer as cores primarias e as neutras, en clase de Plástica puxemos mans á obra. Entregamos un folio cunha grella baleira que debiamos completar empregando as cores vermella, azul, amarela, branca ou negra.
O resultado foi moi variado, aínda que algúns conqueriron a abstracción, elegancia e simplicidade dun auténtico Mondrian.
Preme na imaxe para ver máis exemplos.
Imaxe: PIET MONDRIAN. Composición en rojo, amarillo, azul y negro. En Wikimedia Commons. Public Domain.
Comentarios
Publicar un comentario