MAQUETAMOS UNHA ENTREVISTA


En 4º curso de Primaria. 

En relación co PDI deste curso, os nenos e nenas de 4º curso de Primaria entrevistaron ó pianista Alejo Amoedo, tal e como vos contamos hai unhas semanas no blog da Biblioteca. (Preme neste enlace para lembrar a nova).

Tras tomar nota durante a entrevista, na clase de Galego transcribiron o contido da charla.

E finalmente, na clase de TIC, editamos a nova para incluila no periódico que estamos a preparar co gallo da Semana da Prensa. Completamos o texto elixindo unha imaxe, un titular, un subtitular e un pé de foto.

Este é o contido da entrevista:


ENTREVISTA    A      ALEJO  AMOEDO
Este curso todo o colexio está traballando sobre o pergamiño Vindel. Pero, sabedes como se conseguiu que viñera a Vigo? Contámovolo nesta estrevista que fixemos a Alejo Amoedo, que veu á clase de 4º de primaria a falarnos deste tema. Alejo é músico, concretamente pianista, e traballa no Conservatorio Superior de Vigo.
  • Alejo, cantos anos levas adicado á música?
Comecei aos 14 anos, porque na miña familia había varios músicos. O meu pai tocaba a trompeta, pero a mín gustábame máis o piano. Gustoume tanto, que o primeiro ano examineime de catro cursos á vez.
  • Só das clases ou fas concertos?
Ademáis das clases no Conservatorio, dou bastantes concertos: como pianista solista, acompañando a cantantes e, ás veces, toco cunha orquestra sinfónica. Para poder facer estes concertos, teño que estudar todos os días. É moi importante practicar moito co instrumento porque, se non se fai así, os dedos perden a súa axilidade.
  • Gústache tocar minuetos?
¡Ja,ja! Pois a verdade é que sí. Ademais, cando se estuda piano, é obrigatorio tocar minuetos. E vouvos contar unha cousa. Os minuetos, non son pezas musicais para escoitar, son para bailar. Sabíadelo?
  • Sabemos que pertences a unha asociación chamada PERTENZA. Que nos podes falar sobre ela? A que se adica?
PERTENZA é unha asociación composta soamente por sete persoas, con distintas profesións. No grupo hai profesores de instituto, un arquitecto, un psiquiatra e eu, que son músico. Reunínomonos os luns na cafetería dun hotel, porque non temos sede. Nestas xuntanzas falamos e reflexionamos sobre temas de cultura referentes a Vigo: pintura, literatura, arquitectura, economía…
  • Que relación hai entre PERTENZA e a chegada do Pergamiño Vindel a Vigo?
Foi PERTENZA a que conseguiu que o pergamiño viñese a Vigo. Un dos nosos membros foi a Nova York e falou cun responsable da Morgan Library. Presentoulle un proxecto que demostraba a relación entre o Pergamiño e Vigo. O responsable da Biblioteca aceptou, coa condición de que se tomaran unha serie de medidas de seguridade moi importantes. Tamén era necesario que interviñese no proceso unha institución de coñecemento, que foi a Universidade de Vigo.
  • Que outras asociacións ou institucións participaron na chegada do Pergamiño a Vigo?
Ademais de PERTENZA, que foi quen propuxo a idea de traelo, tamén participou a UNIVERSIDADE DE VIGO, que se ocupou directamente da xestión, e a XUNTA DE GALICIA, que organizou todo o preciso para a exposición.
  • Por que é importante que o pergamiño Vindel viñese a Vigo?
Porque nas  súas cantigas se fai referencia a Vigo e á súa ría.
  • Ten algo que ver que sexas músico co teu interese polo pergamiño Vindel?
Sí, porque é o único documento destas características no que aparecen notas musicais para poder cantalas. Como músico, para min foi moi emocionante poder contemplar de preto o pergamiño.
  • Tocas algunha cantiga como as que aparecen no pergamiño Vindel?
Mais ben eu,como pianista, acompaño a alguén que as canta.

E así quedou a información despois de maquetala:


Comentarios