RETRATANDO A MARÍA VICTORIA MORENO
Este ano o Día das Letra Galegas está adicado a María Victoria Moreno, mestra que, aínda que naceu en Extremadura, comprometeuse con Galicia e co galego coma se fora a súa lingua nai.
O alumnado de 4º curso de Primaria vai facer o seu propio retrato desta escritora e mestra. Para iso documentarémonos coñecendo brevemente a súa biografía. Valerémonos para iso deste vídeo - homenaxe do CEIP Marcos da Portela, de Pontevedra.
Para inspirármonos deixámosvos tamén o enlace á páxina de Cultura Galega onde se convoca o Primeiro Premio de Literatura Mª Victoria Moreno e estoutro da Consellería de Cultura adicado á escritora.
Imaxe: DENDE. María Victoria Moreno. En Wikimedia Commons. CC BY SA.
Comentarios
Publicar un comentario