SACA A PASEAR Ó TEU LÁPIZ
O famoso pintor Paul Klee definía o debuxo como "unha liña que sae a pasear". Pois iso foi o que fixeron os nenos e nenas de 4º de Primaria: sacar a pasear o seu lápiz por un folio en branco e crear fermosas e harmoniosas formas.
Logo combinamos isto coa teoría da cor, enchendo os ocos con cores secundarias ou neutras. Como veredes premendo na seguinte imaxe, obtivéronse resultados moi interesantes.
Comentarios
Publicar un comentario