APRENDENDO A CITAR IMAXES
Para empregalas no noso traballo de investigación.
Xa temos revisado o texto do noso traballo. Agora cómpre engadirlle imaxes para melloralo.
Un bo truco é buscalas en Pixabay, páxina onde poderemos atopar fotos libres de dereitos. Pero, ás veces, non atopamos aquí todo o que pretendemos. Por iso deberemos ter en conta outras opcións.
Unha boa é Wikimedia Commons. As imaxes desta páxina (que son as que emprega Wikipedia) podemos usalas, sempre que as citemos. É o caso da anterior imaxe. Fíxate no seguinte esquema de citación:
Segundo o esquema anterior, a foto quedaría citada do seguinte xeito:
JYNUS. Mapa de la ruta del camino de Santiago francés. En Wikimedia Commons. CC BY-SA 2.5 https://creativecommons.org/licenses/by-sa/2.5
Emprega esta receita para as imaxes que teñas empregado da Wikipedia.
Comentarios
Publicar un comentario