CREAMOS CARTEIS PARA PROMOCIONAR A LECTURA


Co gallo do Día do Libro. 

O pasado 23 de abril celebramos o Día do Libro. Con este motivo, na clase de TIC de 4º de Primaria elaboramos carteis promocionais da lectura empregando un programa de presentacións.

O punto de partida foi o Manifesto elaborado por Fran Alonso para a Asesoría de Bibliotecas Escolares.


Como teredes visto, este manifesto caracterízase pola ironía. A primeira tarefa consistiu en comprender o seu significado. A continuación intentamos escribir as ideas propostas en positivo. 

Cada alumno elixiu unha das frases. 

Feito isto, buscamos en Pixabay imaxes que acaeran ben co noso texto. 

Finalmente, co texto e coa imaxe elaboramos unha diapositiva para unha presentación que exportamos a formato pdf e compartimos a través dun muro de Padlet

Premede na seguinte imaxe para acceder ó documento completo. Como veredes, os resultados foron moi variados, e, algúns deles, dignos de protagonizar unha campaña lectora. 



Comentarios

Publicar un comentario