TOCANDO Ó REI SABIO


Autor das Cantigas de Sancta María.

En 5º curso de Primaria, na clase de Música, aprendimos a Cantiga de Sancta María nº 100.

Os rapaces estudiaron moitísimo, e así conseguimos tocar no Festival das Letras Galegas. Instrumentamos cos escasos materiais afinados cos que contamos, e cun xilófono que nos emprestou unha familia.

Neste vídeo podedes ver como soaba, aínda que, como comprobaredes, o acompañamento é mellorable. De todos xeitos, dado o escaso tempo do que dispuxemos, podemos dicir que o resultado é moi bo.



Imaxe: G. ROSA. Symphonia de Cantiga 160, Cantigas de Sta. María de Alfonso X El Sabio, Códice de El Escorial. (1221-1284). En Wikimedia CommonsCC-BY-SA-3.

Comentarios