BAILANDO?
Non...! Traballando a forma musical.
O trimestre rematou nas aulas de 4 anos a ritmo de Jingle Bells. Pero non pensedes que os rapaces bailaban sin ton nin son. Estaban recoñecendo a forma musical dunha peza.
A consigna foi: situámonos na zorra de Papá Noël, cun encargado diante que nos guiará polo espazo sen tropezar con outras zorras.
- Cando non cantan, quedamos parados na zorra.
- Cando se empeza a cantar, a zorra avanza.
- Cando soa o retrouso (Jingle Bells), movemos os cadrís coas mans na cintura.
Pois xa vedes: ademais de pasalo moi ben, traballamos a forma musical e potenciamos a atención.
Comentarios
Publicar un comentario