INSTRUMENTANDO


Por fin!

Este curso, por mor da ampliación, a Consellería enviounos, por fin, instrumental de placa afinado. Que delicia! Xa podemos facer instrumentacións.

Aquí vedes ó alumnado de 6º curso de Primaria en acción. Non é unha interpretación perfecta. Tampouco se pretendía. Pero, para o número de ensaios tan escaso, resultou bastante aceptable.

O que vedes é a culminación dun traballo que desenvolvimos ó longo do trimestre: aprendimos a canción Kokoleokó, bailámola, descubrimos a súa forma musical, traballamos a súa partitura, os obstinatos rítmicos, melódicos e armónicos... Un traballo de todos e para todos que, logo, distribuimos segundo as nosas habilidades. Todos colaborando nun produto común. E gravando, Lucas, detrás da cámara.



Pois seguiremos niso, agora que podemos!

Comentarios