POESÍA, MÚSICA, ARTE


Nunha palabra: Beleza!

En 5º curso de Primaria estivemos a traballar Na caverna do rei da montaña. Unha peza incluída na Suite de Peer Gynt, de Edvard Grieg.

Agora, o alumnado terá que escoitar outras pezas da Suite e relacionalos cun poema e cun cadro.

Os pasos a dar serán:

  1. Escoita a audición correspondente ó teu grupo. Podes facelo neste enlace
  2. No grupo, expresade que sentimento vos provoca. Chegade a un acordo. 
  3. No seguinte enlace, elixide unha imaxe que acaia co sentimento que tendes expresado. 
  4. Por último, lede os poemas que atoparedes nestoutro enlace. Elixide o que creades que enlaza mellor co expresado na música e na imaxe. 
Bo e fermoso traballo!

Comentarios