PREPARANDO A QUEDADA LITERARIA



Divertímonos cantando.

Se o tempo non se pon en contra, o alumnado de 1º, 2º e 5º de Primaria acudirá, o vindeiro día 10 de maio, á VI Quedada Literaria. Unha xuntanza coordinada polo Servizo Municipal de Normalización Lingüística no que participarán varios coles de Vigo.

Para preparar o encontro xa estamos a aprender, na clase de Música, esta canción de Luis Valdecillo inspirada no tradicional conto de Xan Sen Medo.

A cantar!

Comentarios