MUSICANDO A ROSALÍA


En 6º curso de Primaria. 

Para celebrar o Día de Rosalía, o alumnado de 6º curso de Primaria desenvolveu un traballo que combiñou a música, a palabra e a imaxe. Unha ocasión para traballar a Alfabetización Informacional, xa que tanto a música coma os efectos e as imaxes debían ser libres de dereitos.

Situados por grupos, asignouse a cada un deles un poema ou fragmento de Rosalía, de temática relacionada co PDI deste curso: Pinga a pinga, pensa en verde. Despois de lelo e comprendelo, os rapaces debían buscar imaxes para ilustralo e unha música e uns efectos sonoros (se os consideraban necesarios) acordes co ambiente creado pola autora.

Para iso empregaron: Pixabay, o Banco de Imaxes e sons do INTEF e a Biblioteca de audio de Youtube.

Finalmente, gravaron as súas voces recitando o poema. E, con todos os ingredientes, montamos un vídeo  coa aplicación iMovie. Estes son os resultados:


Imaxe: BUGALLO SÁNCHEZ, Luis Miguel. Rosalía de Castro na Alameda de Santiago de Compostela. En Wikimedia Commons. CC BY-SA.

Comentarios