A FORMA CONCERTO


Analizamos A primavera de Vivaldi.

Ola, chicos e chicas de 3º! Como vai iso?

Antes de nada, quero felicitarvos polos vosos comentarios. Fixestes un bo traballo, e descubristes que A Primavera ten tres partes ben diferenciadas. Isto danos pé a explicar o que é un concerto. Escoitade ben este vídeo.



Agora que xa sabemos o que é un concerto (non o esquezades, que pode que o pregunte algún día), imos centrarnos no Primeiro movemento, que é onde se atopa a nosa melodía segreda.



Visualiza este vídeo e fíxate nestes aspectos: 


1.  Cal é o instrumento solista neste concerto?
2.  A que familia instrumental pertencen os instrumentos que tocan neste concerto?
3.  Agora fíxate moi ben. Este movemento está construido mediante bloques melódicos perfectamente identificables. En cantos bloques aparece a melodía que tes aprendido no vídeo anterior?

Como a semana anterior, podes contestar estas tres preguntas facéndome un comentario. Pero non te preocupes se non o ves publicado axiña. Primeiro teño que darlle eu a aprobación, e non o farei ata que teñamos a nosa próxima clase virtual. 

Bicos, apertas e moita saúde!

Comentarios

  1. 1Hola profe Monica soy Yael,el instrumento solista es el violìn.
    2 es de la familia de cuerda.
    3 tiene tres bloques melódicos como todas las canciones tienen tres y son:
    rápido,lento y rápido. 😁😁😁😁😁Saludos a todo el mundo. 😁😁😁😁😃😃😃hasta pronto 😎😎😎

    ResponderEliminar
  2. Ola son Antía. O instrumento solista é o violín, a familia instrumental é corda e creo que hai cinco bloques.
    Un saúdo

    ResponderEliminar
  3. Quique:
    Hola, profe Mónica. Son Quique e quero decirte que o istrumento solista é o violín; os instrumentos do concerto pertencen a familia de corda; a melodía que aprendimos no vídeo anterior aparece en todos os bloques, neste caso 3.
    Saudos a todos

    ResponderEliminar
  4. Hola soy Miguel Beiro.
    Instrumento solista: violín
    Familia: cuerda
    Bloques:1
    Un saludo

    ResponderEliminar
  5. Ola profe Mónica son Luken.
    O instrumento solista é o violín.
    Todos os instrumentos deste concerto pertenecen á familia de corda.
    Eu contei 5 bloques.
    Unha aperta Mónica.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola, Luken! Afinaches moitísimo. Vese que estiveches moi atento. A resposta: o vindeiro mércores. Biquiños!

      Eliminar
  6. Ola son Alexia
    Instrumento solista violín
    Familia cuerda
    Bloques 3 rápido,lento rápido
    Un saúdo

    ResponderEliminar
  7. Hola soy Candela
    El instrumento solista es el violín.
    Es instrumento de cuerda.
    Dividido en tres bloques
    Chaooo👋👋👋👋👋👋

    ResponderEliminar
  8. Hola profe Mónica, son Noelia:
    1 solista: violín
    2 instrumentos: corda
    3 bloques: penso que 1.
    Ata pronto.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas, Noelia! O mércores damos a resposta. Biquiños!

      Eliminar

Publicar un comentario