A MOVER O CORPO!


Cabeza, ombreiros, xeonllos, pés. 

Ola, cativiños! Espero que esteades todos moi ben, e con ganas de cantar e bailar.

Comezamos unha nova semana. Desta vez, propóñovos unha nova canción do corpo. Poderemos afianzar as seguintes partes:
  • Cabeza
  • Ombreiros
  • Xeonllos
  • Pés
Pero tamén traballaremos estas partes da cara: 
  • Ollos
  • Orellas
  • Boca 
  • Nariz
Ademais, teredes que estar moi atentos ás ordes, porque, haberá que...
  • Camiñar
  • Saltar
Preparados?

Imos aló!


Comentarios