A VIDA NA TRIBO



Traballamos a escritura rítmica co pobo indio.

Ola, chicos e chicas de 2º de Primaria! Como vai todo? Espero que moi ben.

Nós continuamos coas nosas clases de Música. E seguimos inspirándonos neses pobos que amaban tanto a Natureza: os indios de América do Norte.

Para entrar en materia, comezaremos con esta divertida historia do Pequeno Hiawata.





Neste pequeno vídeo terás descuberto algúns elementos da vida cotiá nas tribos indias. Fíxate ben nos seus nomes e no seu uso.












Interesante, nonsi?

Agora propóñoche xogar cos ritmos. Tes aquí doce palabras (ARCO e FLECHAS son dúas palabras distintas). 

1. Palmea cada palabra e adiviña cantas palmas ten. 
2. Relaciona cada palabra co seu ritmo. Para iso, completa o seguinte formulario coas túas respostas. Pero antes, lembra: 

CURTO : 


LONGO: 


Grazas, chicos! Canto temos aprendido! Vémonos a vindeira semana con máis historias de indios!

Comentarios