CHEGOU A PRIMAVERA


E con ela, unha nova audición do noso amigo Antonio Vivaldi. 

Ola, rapaces e rapazas de 4º de Primaria! Como vai todo?

Como saberedes, a fin de semana pasada chegou a primavera. Unha boa ocasión para seguir escoitando ó noso amigo Vivaldi, que era un mestre en describir un ambiente ou unha situación empregando, tan só, o son dos instrumentos. 

Nesta ocasión imos traballar o primeiro movemento do concerto titulado A primavera. Pero imos comezar cun pouco de exercicio mental. Para iso teño preparado este vídeo. Espero que esteades moi atentos e que traballedes con moita concentración.

a) Lectura rítmica




Supoño que xa saberedes a melodía, nonsi? Se non estás seguro, repite o final do video ata que a aprendas. Precisarala para a seguinte actividade. 


b) Descubrimos a melodía que temos traballado. 

No seguinte vídeo escoitarás o primeiro movemento de A primavera.

Agora quero que te fixes moi ben. Esta música está construida mediante bloques melódicos perfectamente identificables. En cantos bloques aparece a melodía que tes aprendido no vídeo anterior?



c) Identificamos os elementos da natureza que Vivaldi describe. 

Xa sabemos que a poesía de Vivaldi non nos gusta tanto como a súa música. Aínda así, é moi interesante coñecer o seu poema, para identificar os elementos da natureza que intenta reflectir.


Llegó la primavera, 
y los rientes pájaros 
la saludan con su canto.
Bajo el soplo del céfiro, 
las fuentes con dulce son 
discurren entretanto.
Cubren el aire 
con su negro manto, 
nuncios electos, trueno y rayo ardientes.
Callados éstos, 
las aves silentes 
tornan de nuevo 
a su canoro encanto.

Despois de ler o poema, escoita novamente a música. Que catro sons da natureza podes descubrir?

d) Cóntame o resultado da túa escoita.

A vindeira semana dareiche a resposta. Pero, mentres tanto, podes contarme o que tes descuberto.

Fai un comentario a este post. Pide axuda ós teus pais se é preciso. Pero non esquezas contarme quen es!

Na túa mensaxe podes escribir: 

  • A melodía que aprendemos aparece en ...... bloques
  • Os catro elementos da natureza que identifico son: ..............., .................., ..................., ....................


Estou agardando as vosas respostas!

Comentarios

  1. Ola! Son Adrián Aguiar Martínez de 4ºB
    Dinme conta que no primeiro video tes un erro: Á nota blanca chámaslle primeiro saal, e despois dices mel. ; )
    Gustoume moito esta peza de Vivaldi. Penso que son 5 bloques e os elementos da natureza que creo escoitar son: paxaros, vento, fontes e tormenta. Despois da tormenta volven cantar os paxaros.

    Moitas gracias e saúdos.

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas, Adrián! Pois probablemente me equivoquei. Pero seguro que te diches conta de que, o que importa, é que a palabra dure dous pulsos.
    Alégrome moitísimo de que che gustase esta peza de Vivaldi.
    Fantásticos os elementos da natureza que tes identificado. E casi acertas nos bloques: como empeza e remata pola melodía que coñecimos, esta aparece en 6 bloques, non en cinco. Parabéns!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario