COMO DICIAMOS ONTE...


Continuamos co que estabamos. 

Ola, rapaces e rapazas de 6º de Primaria! Espero que esteades ben, e que xa sexades uns grandes intérpretes da nosa canción.

A semana pasada fíxenvos unha proposta que incluía un formulario que só cubristes dous de vós. Xa sei que, durante este tempo, as actividades son voluntarias. Pero no Terceiro Trimestre serán avaliables. Así que, cando poidades, convídovos a que escoitedes con atención e cubrades o formulario.


E para os nosos dous compañeiros (tamén para todos vós, se queredes, claro), convídovos a aprender o ritmo de hip-hop (seguro que a Hugo lle mola). Dende o punto sinalado de comezo ata o minuto 1:55.



Ánimo, artistas!

Comentarios