FACEMOS RITMOS!
Coma os rockeiros!
A vida a bordo faise dura, incluso, para os navegantes máis experimentados. Que farían os expedicionarios de Magallanes e Elcano nos intres en que non sopraba o vento?
Cun cubo e un par de cubertos poderían ter aprendido a tocar rock (se daquela estivese inventado).
Iso podes facer ti. Preparados os instrumentos...? Visualiza este vídeo ata o minuto 0:55. A nosa tarefa de hoxe será aprender o ritmo de rock.
Ah...! Modérate o dosifícate. Non fagas tolear ós veciños coa emoción!
Comentarios
Publicar un comentario