O ELEFANTE



Seguimos paseando por África. 

Ola, rapaces e rapazas de 1º de Primaria! Como vai todo? Espero que moi ben. 

Seguimos na nosa clase de Música, paseando por África. E, na sabana africana, descubrimos un animal xigante, con trompa e orellas enormes. A que xa sabes que se trata dun elefante?

a) Aprendemos o texto da canción

Quería agora aprendervos unha canción. Pero, como non podemos vernos, graveime para que memoricedes o ritmo, o texto e os xestos. Xa sabedes: coma na clase. Primeiro me escoitades, e logo repitides. Visualizade varias veces cada un destes tres vídeos, ata que a saibades. 










b) Aprendemos a melodía

Xa sabedes todo...? Pois agora toca aprender a melodía. Escoitádeme varias veces e aprendédea.




c) Escoitamos a audición

Mirade que video máis chulísimo veño de atopar. A que é precioso? Escoitades algo coñecido?




Efectivamente: o que soa é a canción que temos aprendido.

Esta música é tamén do noso amigo Camille Saint - Saëns (o mesmo que escribiu a música do burro e dos canguros). Titúlase O elefante. E, coma as outras pezas que temos traballado, atoparalos nun disco que se titula O Carnaval dos animais.

Pero... deste conta...? Ás veces, a música fai trampas e non canta a nosa canción.

d) Facemos movemento coa música

Propóñoche este xogo:
  • cando escoites a nosa canción, fai os xestos que temos aprendido;
  • cando a música toque outra cousa, bailas lentamente, coma un elefante.
Que non sabes como baila un elefante? Pois... con movementos gráciles coma os que verás neste vídeo. 



Que tal o xogo? 

Vouche dar unha pista: deberás bailar cada vez que, no vídeo, aparecen as crías de elefante.

Podes repitilo varias veces.

e) Que instrumentos tocan esta peza?
  • Cantos instrumentos distintos tocan nesta peza? 
  • Cal deles toca a melodía da canción?
  • Cal deles acompaña?

f) Cóntame o que descubriches 

A vindeira semana dareiche a resposta. Pero, mentres tanto, podes contarme o que tes descuberto.

Fai un comentario a este post. Pide axuda ós teus pais se é preciso. Pero non esquezas contarme quen es!

Estou agardando polos vosos comentarios!


Comentarios

  1. Hola, soy Diego. Creo que los instrumentos son : Violín , flauta y piano. Chao

    ResponderEliminar
  2. Hola profe Monica ,soy lucas estoi aprendiendo el baile y la cancion,e descubierto que son dos instrumentos,el piano y el violonchelo,y creo que el principal es el piano,seguiremos aprendiendo.

    ResponderEliminar
  3. Soi Samuel. El instrumento principal es el chelo I acompaña el piano. chao.

    ResponderEliminar
  4. Hola soy Mateo, nosotros creemos que el violonchelo toca la melodía y el piano el acompañamiento. Voy a practicar este baile hasta la vuelta a clase... Saludos para todos.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario