RECORTAMOS, PINTAMOS...
... e discriminamos sons agudos e graves.
Ola, chicos e chicas de 5 anos! Como vai todo? Espero que moi ben.
Hoxe seguimos traballando cos sons agudos e graves. Pero, desta vez, propóñovos un xogo en familia.
Fixádevos primeiro neste vídeo no que unha mamá e os seus fillos traballan ditados de altura (sons agudos e sons graves).
Como vistes, os sons graves, neste vídeo, están representados pola figura do león. E os sons agudos, polo paxaro.
Tamén escoitastes que nesta casa hai un piano. Pero... non importa se ti non o tes! Podes xogar con papá e mamá poñendo voz de balea e de caranguexo.
Déixovos aquí, paso a paso, o que temos que facer.
1. Descarga a ficha que está enlazada nesta imaxe. (Se non tes impresora, non te preocupes: colle un folio e debuxa tres baleas e tres caranguexos).

2. Pinta os debuxos da balea e o caranguexo.
3. Recorta os cadrados pola liña.
4. Perfecto: xa tes as túas tarxetas. 3 baleas e tres caranguexos.
5. Agora descarga (ou debuxa nun folio) a plantilla.
6. Xa podes xogar! Papá ou mamá cantan (ou tocan) tres sons. Ti colocas as tarxetas que os representan na orde en que soan, comezando polo 1. Por exemplo: se soa grave - grave - agudo colocarás na túa planilla:
7. Teño tantas ganas de vervos, que, se vos apetece, podédesme enviar unha foto xogando a este xogo a:
biblionavia@gmail.com
Pasade un rato... monstruoso! Apertas!
Comentarios
Publicar un comentario