SINCOPANDO


Mentres respasamos o Carnavalito.

Ola, chicos e chicas de 5º de Primaria! Como vai iso? Espero que moi ben.

Hoxe imos repasar a última canción que aprendemos coa frauta: o Carnavalito. Algúns de vós tiñades dificultades. Así que gravei un vídeo. Espero que vos axude. Pero iso será ó final. Primeiro, imos traballar un esquema rítmico que inclúe a canción: a síncopa.




Este traballo previo vainos servir para acompañar o seguinte vídeo. Nel seguiremos traballando a síncopa, ó tempo que aprendemos unha melodía.

Iso si: onde di "ti" ou "ta" dicimos as nosas palabras rítmicas; e cando cantan en inglés, cantamos o texto que temos aprendido.



E, por fin, chegamos á nosa canción de frauta, que inclúe síncopas no seu ritmo.



Practicade moito, e, para demostrar os vosos progresos, podedes gravarvos un vídeo tocando e enviarmo a:

biblionavia@gmail.com

A ver si me dades unha sorpresa!

Comentarios