A CLAVE DE SOL


Repasa como se escribe con esta divertida ferramenta. 

Hai unhas semanas aprendemos varias cousas sobre a clave de sol:

  • Que empeza na segunda liña
  • Que se coloca ó principio de cada pentagrama
Tamén aprendemos unha canción, para debuxala de xeito moi doado no encerado. E incluso, se non lembro mal, debuxamos varias claves nun folio. 

Hoxe imos repasar a súa escritura con esta aplicación que vos enlazo na seguinte imaxe. 



Xa sabes debuxala? Perfecto. Pois chegou a hora de ser creativos

Debuxa unha clave de sol nun folio. Faino con algo groso, para que se vexa. Agora, ilustra a clave como xa comentamos na clase en algunha ocasión: podes convertila nunha árbore, nunha persoa... o que ti queiras! Tes todo o tempo do mundo. 

Cando remates a túa marabillosa creación, saca unha foto e envíaa a

biblionavia@gmail.com

Non esquezas poñer como asunto: Clave de sol, e incluir o teu nome

Estou desexando ver as vosas obras de arte!





Comentarios