A MÚSICA FOLCLÓRICA NA PATAGONIA


Seguindo os pasos de Magallanes.

Como sabemos, a música folclórica caracterízase porque é anónima (é dicir, apréndese de xeito oral dende tempos inmemoriais), e popular (ou sexa: transmite o saber dun pobo, polo que é coñecida por todos os que conforman ese pobo).

Este concepto non é só aplicable á música tradicional galega, senón á música tradicional de todos os pobos da Terra.

A música existe dende que o home é home: dende que aprendeu a comunicarse mediante sons. Por iso non cabe dúbida de que, cando Magallanes e os seus homes pisaron por primeira vez o extremo Sur das actuais Arxentina e Chile xa escoitaron cantar ós indíxenas, e coñeceron os seus instrumentos.

Como aprendemos a través dos distintos Escape Room propostos dende o Equipo de Biblioteca, daquela, a tribo que vivía nesta zona chamábase tehuelche, aínda que Magallanes chamouna patagones.

Outras tribos habitaron estas terras, e foron impoñendo o seu dominio. Delas destacan os mapuches.

A Patagonia é unha das zonas de Arxentina e Chile onde o contacto con outras culturas (europeas, africanas) foi menor, probablemente pola súa lonxanía e polo seu clima extremo. É por iso que o seu folclore todavía é moi rico e conserva a frescura dos seus instrumentos tradicionais.

Nesta laboura de transmisión cultural, os machi mapuche teñen un papel fundamental. Que é un machi? Pois un curandeiro ou unha curandeira tradicionais. O que chamariamos o feiticiero (ou chamán) da tribo.

Neste vídeo introducirémonos de puntiñas nunha cerimonia de medicina mapuche.





Ese tambor que toca a machi chámase cultrún. Pero existen outros instrumentos, como a trutruca, o torompe, a cascahuilla ou a pifilca. Descúbreos neste vídeo.




a) Clasifica os anteriores instrumentos

Toma nota dos instrumentos que aparecen no vídeo anterior. Ó mellor é suficiente co que aporta o locutor. Pero igual é necesario que busques máis información sobre eles para organizalos nas categorías que coñecemos: idiófonos, membranófonos, cordófonos e aerófonos.

Cando o teñas feito, infórmame a través deste enlace.


b) Afina o ouvido

Escoita as seguintes audicións. Nelas cantan varios machi. Pero se acompañan de distintos instrumentos. De cales?








Envíame as túas respostas a este enlace, indicando:
  • Audición 1: ...................., ....................., ......................, .....................
  • Audición 2: ...................., .....................
  • Audición 3: ....................

c) Investiga

Un dos instrumentos que escoitamos tamén existe no folclore galego, aínda que nós dámoslle, habitualmente, outro nome.

Investiga nesta páxina e dime o seu nome. Para proporcionarme a resposta correcta entra neste enlace.


Imaxe: DESCOÑECIDO. Dominio público

Comentarios